luns, 12 de xuño de 2023






Os alumnos de 3º ESO, dirixidos pola súa profesora de Educación Plástica e Visual, diseñaron e construíron varios paraugas cos que decorar a entrada principal do centro.
Neles aparece o nome do proxecto "Meteocolmeiro", paisaxes que representan distintos climas ou fenómenos meteorolóxicos e códigos QR, que permiten acceder a varios vídeos nos que os propios alumnos explican expresións sobre o tempo e o clima en inglés, aproveitando o traballo que desenvolveron nesta materia.

domingo, 11 de xuño de 2023

QUE ÁRBORE PLANTAR A PARTIR DAS HORAS DE FRÍO DOS ÚLTIMOS 10 ANOS

A media de horas de frío invernal durante os últimos 10 anos foi 1222,41. Este término refírese á acumulación de horas por debaixo de 7ºC durante os meses de novembro, decembro, xaneiro e febreiro de cada ano e o seguinte, sendo cada hora de frío unha hora por debaixo desa temperatura. A suma de todas elas permite saír do reposo invernal á arbore frutal, tendo cada especie e variedade unhas necesidades específicas.

Na táboa podemos observar os resultados obtidos na estación de Mouriscade (Lalín), seleccionada por cercanía a Silleda entre as dispoñibles, segundo a web de Meteogalicia. O alumnado de 4º ESO foi o encargado de recopilar e tratar os datos.


A partir das horas de frío dos últimos 10 anos, estudiamos as recomendacións para plantar en Silleda e alrededores. Basámonos na información que aporta o libro "El frío invernal, factor limitante para el cultivo frutal" do que recortamos esta táboa:

Por tanto, algunha das nosas opcións de plantación poderían ser as que aparecen intersecadas pola línea vermella.


Os alumnos de 4º ESO buscaron, na web de Meteogalicia, os datos históricos das horas de frío na estación de Mouriscade (Lalín).

sábado, 3 de xuño de 2023

 

              
      
O alumnado de 3º ESO decidiu poñerlle voz ao estudio comparativo de augas pluviais, auga potable da fonte do centro e auga destilada realizado polo alumnado de 4º ESO. Eso si, fixérono en inglés, a modo de vídeo explicativo logo de realizar unha infografía cos pasos a seguir para reutilizar a auga da choiva (versión pdf na marxe dereita, no apartado ligazóns).
Como premio, foron invitados ao laboratorio pola profesora de Física e Química, Marta Aguirre, para realizar o estudio comparativo eles mesmos. Velaí tendes unhas fotos da práctica.


  


  

venres, 26 de maio de 2023

 



Alumnado de 3º ESO asiste a unha charla sobre ruído ambiental nas instalacións de Meteogalicia, en Santiago de Compostela.

 

1

2


3
4

O alumnado de 4º ESO, xunto á análise rutinaria das augas pluviais recollidas ao longo do curso co pluviómetro cedido por Meteogalicia, desenvolveu un estudio comparativo de augas pluviais, auga potable da fonte do centro e auga destilada (ver documento de prácticas).               
 
Realizaron prácticas no laboratorio de química para analizar as distintas mostras con diferentes test, como se pode ver nas imaxes 1 e 2. Por outro lado, fixeron un cultivo bacteriano (imaxe 3).

Finalmente, estudaron as características e propiedades da molécula de auga (tipo de enlace, polaridade...) e investigaron sobre as distintas aplicacións das augas pluviais. Agora toca analizar os resultados obtidos, deducir as conclusións e presentar o correspondente informe (imaxe 4).

martes, 14 de febreiro de 2023


Alumnado de 3º ESO rexistrando os datos diarios de temperatura e pluviosidade.

venres, 3 de febreiro de 2023



 


Alumnado de 3º ESO comprobando o funcionamento dos instrumentos de medida cedidos por MeteoGalicia: termómetro dixital e pluviómetro tipo Hellmann.