Alumnado de 3º ESO rexistrando os datos diarios de temperatura e pluviosidade.
MeteoColmeiro 22-23
Blog do programa MeteoEscolas do IES Pintor Colmeiro
martes, 14 de febreiro de 2023
domingo, 20 de novembro de 2022
A neve en Siberia está aumentando e podería influir no inverno galego
Cada outubro a comunidade científica fixa a súa atención en Siberia, debido á conexión entre as dimensións da capa de neve durante este mes e a dinámica da estratosfera.
Alí fórmase nos meses de inverno un potente anticiclón térmico. Basicamente, cando o aire se enfría tanto, gaña peso e se acaba xerando en superficie unha área de altas presións. A intensidade e extensión dese sistema de anticiclón depende en boa medida da cantidade de neve.
Se finalmente a neve de Siberia quenta a estratosfera, debilita o vórtice polar e promove unha circulación ondulante da corrente en chorro, pode acabar afectando a Galicia; ben en forma de importantes masas de aire frío ou impulsando borrascas que deriven temporais de vento e choiva.
domingo, 30 de outubro de 2022
No IES Pintor Colmeiro estamos a traballar neste curso académico, de forma interdisciplinar e xunto co alumnado, no proxecto "Meteocolmeiro 22-23", dentro do Programa MeteoEscolas (Plan Proxecta).
Queremos abordar os contidos curriculares de xeito integrado a partir do tema climático, promover entre o alumnado a aprendizaxe colaborativa fomentando as interaccións e responsabilidades, e desenvolver as competencias básicas e a educación en valores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)