luns, 12 de xuño de 2023






Os alumnos de 3º ESO, dirixidos pola súa profesora de Educación Plástica e Visual, diseñaron e construíron varios paraugas cos que decorar a entrada principal do centro.
Neles aparece o nome do proxecto "Meteocolmeiro", paisaxes que representan distintos climas ou fenómenos meteorolóxicos e códigos QR, que permiten acceder a varios vídeos nos que os propios alumnos explican expresións sobre o tempo e o clima en inglés, aproveitando o traballo que desenvolveron nesta materia.