Blog do programa MeteoEscolas do IES Pintor Colmeiro
venres, 26 de maio de 2023
Alumnado de 3º ESO asiste a unha charla sobre ruído ambiental nas instalacións de Meteogalicia, en Santiago de Compostela.
1
2
3
4
O alumnado de 4º ESO, xunto á análise rutinaria das augas pluviais recollidas ao longo do curso co pluviómetro cedido por Meteogalicia, desenvolveu un estudio comparativo de augas pluviais, auga potable da fonte do centro e auga destilada (ver documento de prácticas).
Realizaron prácticas no laboratorio de química para analizar as distintas mostras con diferentes test, como se pode ver nas imaxes 1 e 2. Por outro lado, fixeron un cultivo bacteriano (imaxe 3).
Finalmente, estudaron as características e propiedades da molécula de auga (tipo de enlace, polaridade...) e investigaron sobre as distintas aplicacións das augas pluviais. Agora toca analizar os resultados obtidos, deducir as conclusións e presentar o correspondente informe (imaxe 4).