O alumnado de 3º ESO decidiu poñerlle voz ao estudio comparativo de augas pluviais, auga potable da fonte do centro e auga destilada realizado polo alumnado de 4º ESO. Eso si, fixérono en inglés, a modo de vídeo explicativo logo de realizar unha infografía cos pasos a seguir para reutilizar a auga da choiva (versión pdf na marxe dereita, no apartado ligazóns).