A media de horas de frío invernal durante os últimos 10 anos foi 1222,41. Este término refírese á acumulación de horas por debaixo de 7ºC durante os meses de novembro, decembro, xaneiro e febreiro de cada ano e o seguinte, sendo cada hora de frío unha hora por debaixo desa temperatura. A suma de todas elas permite saír do reposo invernal á arbore frutal, tendo cada especie e variedade unhas necesidades específicas.
Na táboa podemos observar os resultados obtidos na estación de Mouriscade (Lalín), seleccionada por cercanía a Silleda entre as dispoñibles, segundo a web de Meteogalicia. O alumnado de 4º ESO foi o encargado de recopilar e tratar os datos.
Por tanto, algunha das nosas opcións de plantación poderían ser as que aparecen intersecadas pola línea vermella.
Os alumnos de 4º ESO buscaron, na web de Meteogalicia, os datos históricos das horas de frío na estación de Mouriscade (Lalín).