O proxecto Meteocolmeiro contou cun "stand" propio na feira da ciencia do centro, celebrada a finais de curso. Varios alumnos explicaron as actividades realizadas ao resto da comunidade educativa.
MeteoColmeiro 22-23
Blog do programa MeteoEscolas do IES Pintor Colmeiro
venres, 16 de xuño de 2023
Na materia de Tecnoloxía, o alumnado deseñou unha estación meteorolóxica cunha placa microbit.
A estación consta dun sensor de temperatura, humidade relativa e presión programado para transmitir as medicións a unha pantalla LED; e dunha placa con conexión wifi mediante a que se envían os datos a través de internet. No seguinte enlace, podemos consultalos en tempo real:
Adicionalmente, en distintos espacios do centro ubicamos códigos QR para o acceso directo á web anterior.
Como mellora importante, decidimos apostar por enerxía renovable e instalamos un panel solar que dota á nosa estación de autonomía as 24 horas (está conectado a unha batería mediante un cable de varios metros, xa que a estación e o panel solar deben ubicarse necesariamente en espacios diferentes).
mércores, 14 de xuño de 2023
Despois de recoller os datos de temperatura e chuvia no noso observatorio escolar, queremos facer un estudio dos valores obtidos, xa que poden darse diferenzas significativas respecto dos valores doutras estacións cercanas. Así elaboramos unha actividade que se realiza cos alumnos de 4º ESO e que consiste en facer unha regresión lineal a partir dos datos extraídos da estación da AEMET en Silleda.
O motivo de elexir esta estación foi a cercanía á do noso centro (altitude e latitude semellantes). Introducimos os datos nunha folla de cálculo ou ben na calculadora (os días que faltan son os que non houbo clase).
Debuxamos a nube de puntos dos valores de temperaturas mínimas e máximas de ambas estacións, e achamos a recta de regresión, ademais dos valores dos coeficientes de correlación R e de determinación R2.
Se ben no caso da T.MIN a bonanza do axuste é razoablemente boa, non podemos dicir o mesmo para T.MAX. Podemos observar varios días nos que as medicións son moi dispares, así que obtamos pola súa eliminación, mellorando deste modo o valor de R. Os días "atípicos", en amarelo nas táboas anteriores, son o 13, o 17 e o 27 de marzo.
Es os resultados estimados das temperaturas máxima e mínima na estación do Colmeiro, unha vez eliminado os datos atípicos, durante a fin de semana do 11 e 12 de marzo son:
martes, 13 de xuño de 2023
As galegas e os galegos sempre tivemos unha especial querenza polo tempo e polas expresións fraseolóxicas que se inspiran nel, e os habitantes das Illas Británicas comparten esa querenza con nós. É por isto que neste terceiro trimestre quixemos fixarnos nunha serie de expresións idiomáticas inglesas que empregan vocabulario do tempo.
Despois dunha toma de contacto coas mesmas a través dunhas follas de traballo, en 3º ESO quixemos facer uns pequenos vídeos agrupándoas segundo a que aluden e por suposto, intentando atoparlles un equivalente noso.
Botádelle un ollo ós vídeos e veredes de que falamos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)