Cada outubro a comunidade científica fixa a súa atención en Siberia, debido á conexión entre as dimensións da capa de neve durante este mes e a dinámica da estratosfera.
Alí fórmase nos meses de inverno un potente anticiclón térmico. Basicamente, cando o aire se enfría tanto, gaña peso e se acaba xerando en superficie unha área de altas presións. A intensidade e extensión dese sistema de anticiclón depende en boa medida da cantidade de neve.
Se finalmente a neve de Siberia quenta a estratosfera, debilita o vórtice polar e promove unha circulación ondulante da corrente en chorro, pode acabar afectando a Galicia; ben en forma de importantes masas de aire frío ou impulsando borrascas que deriven temporais de vento e choiva.